Tuesday 17 de September de 2024

As Cíes, broche de ouro ás viaxes en catamarán con saída dende A Pobra neste verán


Baixo o slogan A Pobra do Caramiñal, vive a experiencia…, a Concellaría do Turismo artellou para este verán seis viaxes no total, en catamarán, ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Estas chegarán á súa fin proximamente coa saída ás Cíes, no 1 de setembro.

Pero a oferta turística non quedou aquí. A Administración local potenciou os recursos do municipio a través de buses lanzadeira ao miradoiro da Curotiña e ao río das Pedras, rutas guiadas por esta última paraxe natural, turismo mariñeiro e viaxes en veleiro.

O prezo para se dirixir ás Cíes sitúase nos 34 euros por persoa adulta, con ruta guiada incluída. No que respecta ás crianzas entre 4 e 12 anos, o importe por pagar establécese nos 18 euros.

As reservas formalizaranse a través do teléfono de contacto 986320048. Para a resolución de dúbidas tamén están ao dispor os teléfonos do Departamento do Turismo: 671090262 e 687482835.